Todas as colaboracións

‘Arte sen guión’ e ‘Demente’ pasan pola MIT de Ribadavia

Roberto Pascual pasou hoxe polo Diario Cultural coa axenda da última semana da MIT de Ribadavia. Entre o máis interesante, a obra de comedia e improvisación ‘Arte sen Guión’ de Galeatro, e o espectáculo de danza ‘Demente’ de Fran Sieira.

38ª edición da MIT de Ribadavia

Roberto Pascual, ademais de colaborador do Diario Cultural, é o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Hoxe repasamos con el o que vai dar de si a 38ª edición, na que volven as compañías de Latinoamérica, e que comezará o vernes coa homenaxe a Eduardo R. Cunha ‘Tatán’.

As alumnas, do texto ao escenario

Roberto Pascual fálanos hoxe de As alumnas, un texto dramático de Paula Carballeira sobre dúas antigas alumnas damestra republicana represaliada María Barbeito. A obra está publicada pola editorial Galaxia e xa foi levada ao escenario, nunha montaxe que actualmente está en xira por Galicia, dirixida por Fina Calleja e protagonizada por Mónica Caamaño e Anabell Gago.

Elefante Elegante con Alma de Tigre

A compañia Elefante Elegante volve ao teatro de obxectos para público adulto con ‘Alma de tigre’. Comentanolo Roberto Pascual.

Continente María

“Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.”

A produción de A quinta do cuadrante, Ainé e o CDG preséntanos a Melania Cruz en diálogo con María Casares. Un texto de Marianella Moreno dirixido por Tito Asorey, que hoxe nos comenta Roberto Pascual.

 

 

‘Home, comedia deconstruída’

Roberto Pascual fálanos de ‘Home, comedia deconstruída’, o novo espectáculo de Antón Coucheiro. 

Os ‘Rastros’, de Roberto Vidal Bolaño

Os ‘Rastros’, de Roberto Vidal Bolaño

Ensaio sobre a blasfemia

Roberto Pascual fálanos de ‘Ensaio sobre a blasfemia’, un espectáculo en múltiples formatos que se puide ver na Unitaria de Compostela. 

‘Ás oito da tarde’ e a ansiedade de vivir

Roberto Pascual estivo na estrea no Salón Teatro de Compostela da obra ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’. A produción do Centro Dramático Galego está dirixida por Marta Pazos e baseada no texto de AveLina Pérez, gañador do premio Cunqueiro. 

‘Identidade’: xerando debates a través do teatro

Roberto Pascual comenta esta semana a súa lectura de ‘Identidade’, o texto co que se estrea no teatro Nee Barros, e que leva por subtítulo “a normalidade do non común”. Como reflexionar e crear debate arredor da diversidade de identidades? Como comunicalo? Como axudar a entendelo? 

Unha lectura especialmente recomendada para o lectorado xuvenil. 

Pin It on Pinterest