Xulio Lorenzo presenta o seu novo traballo, ‘Volver Soñar’

En primeiro lugar escoitamos hoxe unha peza de orixe portuguesa que Xulio Lorenzo incluíu no seu novo traballo “Volver Soñar”, un disco que presentará o vindeiro domingo no programa Lume Na Palleira.

A continuación, aproveitando esa ollada ao veciño Portugal, ofrecemos dúas novidades discográficas do país veciño. En primeiro lugar o novo disco dun supergrupo no que se reunen os talentos de Celina da Piedade, Serafim, João Gil, Vicente Palma, Paulo Ribeiro, Sebastião Santos, Tim e Vitorino. Todos eles e ela forman osTais Quais.

Como peche escoitamos o novo disco dos Gaiteiros De Lisboa, un grupo xa histórico que nunha das pezas do seu novo traballo homenaxean ao gran Faustino Santalices.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share