Xosel Díez e Helena Varela forman Cinema Sticado, compañía que presenta novo espectáculo: PYKA

Un colectivo de cine ao vivo? Teatro de obxectos? Audiovisuais e monicreques?
Xosel Díez e Helena Varela forman Cinema Sticado, compañía que acaba de estrear e presentar novo espectáculo no FIT de Redondela, con aforo reducidísimo.
Nesta ocasión contan con música ao vivo e inciden no seu estilo, mesturando manipulación de obxectos con imaxes e montaxe audiovisual en directo. 
O noso colaborador Roberto Pascual fálanos hoxe de PYKA, a reconstrución dunha película atopada por Helena no arquivo da súa avoa, que en Londres coñeceu a unha exiliada do comunismo, coautora do sospeitoso filme para o Goberno ruso dos anos 40, na Rusia Stalinista. A peza é tamén un cruzamento de exilios, o franquista, o ruso, pero tamén é unha viaxe polo pasado familiar, certo ou inventado, un recordo da vangarda, unha revolución poética.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share