Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre publican ‘Imaxina animais’

Hoxe falamos de animais singulares, da man de Imaxina animais de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre na editorial Kalandraka (3º reedición), unha sorte de bestiario de animais misterioros de diferentes puntos do planeta.

As características destes singulares animais apostan por mesturar partes de animais ben coñecidos e convencionais con obxectos que podemos atopar nunha casa: uns zapatos, un tirarrollas, un interruptor, etc… que dan como resultado o abrenoites, o bicopato ou o pingüitor, toda unha nova fauna que sorprende por inesperada e cuxa funcionalidade se describe nun texto irónico ás veces, doce e sempre moi literariamente conseguido.

Un elemento especialmente especial do álbum son as fotografías, que ocupan a parte das imaxes. Primeiro porque non son tan habituais no álbum infantil e segundo porque resulta sorprendente, tamén algo inquietante, a facilidade coa que nos fan ver os novos animais, a partir de ideas que logo seremos nós os encargados de desenvolver.

A obra é fundamental non só para desenvolver o maxín de quen le, senón tamén para as que queiran aceptar o reto de enfrontarse a un libro que require dun reto interpretativo grande, entre o binomio fantástico de Rodari e un poema que estraña, pero que provoca diferentes emocións.

Pin It on Pinterest

190 Shares
Share190
Tweet
Share