Falo da Psicofónica de Conxo cando hai 20 anos que gravaron no Estudio de Produción da Radio Galega algunhas cancións que despois formarían parte de Psicópolis, o seu primeiro disco. Pero vou ir ao
principio de todo, polo menos para min.
En 1999 e eu e o meu mellor amigo iamos camiño do Campus Sur de Santiago de
Compostela para asistir a un festival organizado por Antón Reixa chamado ‘Galicia Beibe’ no que tocaban Os Resentidos mesturados con Siniestro Total, Xenreira, Fermín Muguruza….
Cando chegamos alí non sabiamos ben quen tocara e quen non, e vimos que un grupo estaba
collendo os instrumentos para empezar, pero non sabiamos quen era. Aquilo empezou e
alucinamos.