‘Nosa arte en corentena’, na que as comisarias da mostra, Anxela Caramés e Leticia Castromil, tratarán de facer un mapeado dos artistas coruñeses activos na cidade.
A temática deste primeira mostra “Paisaxes exteriores/paisaxes interiores” parte da idea de que a ‘paisaxe’ está moi presente no noso día a día este ano. A nosa paisaxe interior da casa, as nosas reflexións, o noso autocoñecemento, a nosa necesidade de saír ao exterior para respirar, pasear e redescrubrir as praias, os bosques, as cidades… Todo iso é do que os artistas desta mostra falan nas súas obras.
Un total de 42 creadores de diferentes xeracións e poéticas a través de medios como a pintura, a fotografia, o debuxo ou a instalación falan da importancia que a creación, a arte e a cultura cumpriron e están a cumprir nun momento tan convulso e que tanta pegada está a deixar nas nosas vidas como é o actual.