Luz Castro propón hoxe dous videoxogos baseados en tarefas do día a día.
‘Barista: Take Away’, do estudio galego Digital Monster Collective, pon a proba a nosa habilidade e rapidez para preparar cafés personalizados e perfectos. ‘Unpacking’, de Witch Beam, é un xogo tranquilo, que permite crear cuartos agradables con obxectos gardados en caixas de mudanza.