Dolores Vilavedra comenta a novela ‘Viva a Comuna!’ na que Carlos Meixide fai un fresco da Comuna de París de 1871, e tamén da xénese e derrota desta revolución. Unha novela de case 600 páxinas cuxo volume non debe atemorizar os lectores porque a narración áxil e dinámica, axudada pola mestría dos diálogos. O libro presenta unha galería de personaxes fascinantes e móstranos tamén o París dos cafés, dos barrios e dos xornais. Edicións Xerais publica esta novela histórica, de ideas, de aventuras, con pingas de amor e de erudición.