Un Nadal para ler o volume de relatos ‘Contra o vento’

Desta volta Armando Requeixo dá conta da celebración do trinta aniversario da convocatoria do Premio de Novela Manuel García Barros e do libro que o conmemora: o volume colectivo de relatos ‘Contra o vento’.

O Concello da Estrada convoca anualmente este galardón, un dos máis prestixiosos do panorama narrativo galego, que ten gañado xusta fama como un dos referentes da nosa escrita contemporánea. Os textos premiados cada ano son publicados pola Editorial Galaxia, a decana das editoriais galegas, que enriquece así o seu catálogo ao tempo que contribúe a ir tecendo a historia recente da nosa literatura.

Ao longo destas tres décadas o premio axudou a descubrir novas voces e tamén pulou pola consagración doutras máis experimentadas. Algunhas desas voces son as que conforman este ‘Contra o vento’, unha ampla e moi representativa colectánea das liñas de forza da nosa literatura actual, nas que contan con lugar senlleiro as e os participantes deste libro: Manuel Lourenzo González, Alfonso Álvarez Cáccamo, Xavier Queipo, Antón Riveiro Coello, Miguel Anxo Fernández, Xabier López López, Francisco Castro, XesúsConstela, Xosé Monteagudo, Antón Lopo, Antonio Piñeiro, Santiago Lopo, Anxos Sumai, Manuel Portas, Miguel Sande e Ana Cabaleiro.

Pin It on Pinterest

59 Shares
Share59
Tweet
Share