Un exorcismo de textos na ‘Ontoloxía poética de Carlos Santiago’

Recuperamos con Alba Cid un libro dos últimos meses: Ontoloxía poética de Carlos Santiago, editado da man do escritor Carlos Meixide. É unha ontoloxía, máis ca unha antoloxía, “un exorcismo” de textos como anuncia o prólogo, pero en todo caso é un volume recompilatorio da creación poética de Carlos Santiago, nome filiado fundamentalmente ás artes do espectáculo, cunha longa traxectoria escénica e sen deixar de facer pé na escrita, como poeta e dramaturgo. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share