Esta semana Armando Requeixo dá noticia de Trobar do ar, o novo libro de Xosé Manuel Lobato.

Trobar do ar (Medulia) é unha narración dividida en nove capítulos protagonizados por Aires Ulla do Pico, un imaxinario trobador de fins do século XII e primeiros do XIII criado á beira do Pico Sacro, ao que figura unido por un intenso e máxico vencello que se estende á súa conexión telúrica co Ulla e todo o val que este domina. 

Escrita cunha prosa requintada, esmaltada de alusións cultas e referencias a diferentes persoeiros das nosas letras, esta narración salienta polo seu forte simbolismo e a suxestiva recreación do tempo e do mundo dos trobadores.

 

 

Pin It on Pinterest

65 Shares
Share65
Tweet
Share