Na colaboración de Alfonso Espiño falamos do músico Tomás Porteiro, que presenta o seu traballo en solitario. O seu proxecto leva por título ‘La Charcutería“. “É unha nova mostra do manexo de figuras como a ironía ou a metáfora, uns recursos que cada vez botamos máis de menos nas músicas populares”, asegura Espiño. O vídeo musical está dirixido e producido por Adras M. Cedrón.
Tamén lembramos que xa están dispoñibles as entradas para o vindeiro streaming de Tomás Porteiro. Será o 27 de febreiro na Ponte dos Concertos.