Tomando ‘Unha cervexa Chang’ con Manuel Portas

Esta semana Armando Requeixo proponnos botar un grolo literario con Unha cervexa Chang, de Manuel Portas.

Esta novela formúlanos unha situación aparentemente simple que logo se revela de gran profundidade: que fariamos se un día, namentres descansamos na beiramar ollando o profundo azul, vemos desaparecer no mar unha rapaza que poucos minutos antes nadaba pracidamente? Avisariamos á policía ou deixariámolo ir porque é unha descoñecida e o asunto non vai connosco e, ademais, ao mellor estamos a preocuparnos por nada?

Literatura sobre o azar e a vontade, sobre o insospeitado e o inevitable, Unha cervexa Chang atrápanos na pescuda das razóns últimas da senrazón.

 

 

Pin It on Pinterest

58 Shares
Share58
Tweet
Share