“Ti primeiro”, unha novela visual interactiva e galega

Luz Castro fálanos de novelas visuais, un xénero de videoxogos cunha xogabilidade reducida,que se centran case exclusivamente na historia e onde temos a posibilidade de tomardecisións que irán modificando o desenvolvemento da trama e o seu desenlace.

Poderiamos definilas como unha versión actualizada dos libros de “escolle a túa propiaaventura” en dixital. O grande mercado deste tipo de xogos é Xapón, onde teñen un tremendo éxito. De feito, teñen categorías para os distintos tipos de novelas visuais.

Acaba de lanzarse a primeira novela visual galega: “Ti primeiro”, unha historia sobre o amor.Escrita, dirixida e producida por Roberto Alvite, fundador da produtora galega MelgoCinema, é unha aplicación móbil realizada con imaxe real que convida a vivir unhaexperiencia inmersiva única mediante unha nova narrativa que explora as relacións deparella actuais e a súa evolución co paso do tempo.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share