Hoxe fixámonos no libro A Lola, de Manuel Ayán (Laiovento). Un texto escrito para o grupo teatral Argallada de Pontevedra e que nos leva, a través dunha historia tráxica de descubrimiento do pasado de represión, ambición e dogma nacional católico do franquismo, á vixencia da defensa da igualdade, da educación laica, do feminismo, da liberdade de expresión, do respecto á diversidade. Unha trama determinada polo “pasado non ausente”, como se indica no propio libro. Unha das moitas experiencias éticas, democráticas, cívicas, participativas, lúdicas e de aprendizaxe que o teatro afeccionado nos brinda, neste caso a través da fábula de dous mozos que, ao querer casar, descobren que son irmáns, froito de moitas historias ocultas do pasado franquista.
Teatro afeccionado co libro ‘A Lola’, de Manuel Ayán
Podcast: Play in new window | Download (6.0MB)
A diversidade de grupos de teatro afeccionado ou escolar ten dado e segue a xerar moitos froitos, tanto para a dinamización no ámbito da creación como da recepción escénicas. Non se pode entender o progreso do teatro profesional galego sen a existencia de colectivos que en distintas comunidades ensaian, escriben, traducen ou experimentan arredor da Arte teatral.