Afonso Becerra estréase como colaborador do Diario Cultural volvendo a Lugo, a súa cidade, para a 11ª edición de Cartografía en Movemento.
“Volvín a Lugo e encontrei outro Lugo. Un pobo des-murallado. No MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo), un cento e medio de persoas acollendo, receptivas, participativas e agarimosas, propostas inhabituais de artes do movemento. Propostas moi abertas, as do primeiro día do festival, traballos en proceso, inacabados, que, sen dúbida, tamén axudan a abrir algo máis.”