Esta semana Armando Requeixo suxírenos ler Demasiada luz, o novo libro de relatos de Juan Andrés Fernández Castro.
Demasiada luz (Fervenza) é un conxunto de dezaoito relatos de tema, enfoque e estética varia que figuran prologados por Antonio Piñeiro.
Donos dunha ben fina prosa, coidada ata os últimos detalles, estas historias achégannos a mundos como o da emigración, o metaliterario, o paradetectivesco ou o nostálxico da infancia, sempre con descricións e diálogos traballados con esmero e cheos de poder evocativo, emotividade e lirismo.