Publícanse ‘A casa do paralelo 54’ e ‘A furgoneta branca’

Hoxe Montse Pena Présas fala de dúas obras que son novidades acabadas de saír do forno e que quizais amosan a evolución da LIX galega nos últimos tempos, aínda que tamén están cinguidas por un fío curioso pero moi importante: o amor e o respecto aos animais.

A casa do paralelo 54, de Iria Collazo, ilustrada por Luz Beloso, desborda fantasía. É un libro de aventuras apaixoantes e sorprendentes, en que a propia Gris, o seu amigo especial o señor Smith e o seu mapache Morde, emprenden unha viaxe marítima nunha cama barco.

A furgoneta branca, de Fina Casalderrey e Lucía Cobo, é un álbum ilustrado para primeiros lectores. O texto narra, fundamentalmente, o amor dun neno por un cabalo que pode ver dende a súa ventá todas as mañás.

Pin It on Pinterest

144 Shares
Share144
Tweet
Share