Mario César Vila dános conta dos traballos para intentar localizar os restos de Anunciación Casado, unha política e sindicalista asasinada en 1936, e coñecida como ‘a Pasionaria galega’. A escavación forma parte do plan cuadrianual de memoria democrática que en Galicia lidera o grupo Histagra da USC.
Falamos tamén dos torques aparecidos nunha leira da comarca das Mariñas e do uso da intelixencia artificial no ámbito da arqueoloxía.