Poñémonos nas botas dunha viaxeira do século IV con ‘Eu son Exeria’

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de Eu son Exeria, a narración de Marisa Vidal Collazo que ilustrou Sole Pite Sanjurjo.

Eu son Exeria (Galaxia) achéganos á histórica viaxe da mítica Exeria, a relixiosa galega que no século IV viaxou dende a Gallaecia a Roma, Terra Santa e o Oriente Próximo para visitar os máis importantes enclaves da espiritualidade cristiá, unha peregrinación da que deixou noticia no seu Itinerario.

Máis de mil setecentos anos despois, a figura de Exeria segue a ser un modelo, especialmente dende a óptica da reivindicación feminista, pois ela simboliza a independencia e iniciativa da muller do seu tempo, un momento histórico transcendente no que o Imperio romano comezaba a esfarelar e unha nova época se estaba a anunciar, non só nos eidos relixiosos, senón tamén nos usos e costumes das xentes do mundo coñecido por entón.

 

 

Pin It on Pinterest

14 Shares
Share14
Tweet
Share