‘Pérez. Historia dun triunfo’ de Llerena Perozo Porteiro

Esta semana Armando Requeixo convídanos a ler Pérez. Historia dun triunfo, o novo libro de Llerena Perozo Porteiro.

Pérez. Historia dun triunfo (Galaxia) preséntanos a Antonio Pérez Torres, un neno que medra nunha familia cun pai maltratador e que acaba reproducindo a violencia brutal do seu proxenitor cando se fai adulto.

A novela lévanos pola vida dun personaxe de machismo agresivo, que medra socialmente e pasa os seus días menosprezando e, o que é peor, mallando as mulleres coas que se cruza. Mais tanta iniquidade non pode quedar inmune…

 

 

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share