‘Palmeiras, piueiros’, o novo díptico poético de Anxo Angueira

Alba Cid comenta hoxe ‘Palmeiras, piueiros’ de Anxo Angueira, editado en Chan da Pólvora, e que representa o regreso dun silencio poético longo. Angueira é tamén narrador e investigador, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e aquí preséntanos un díptico entre a palmeira, que ten o don da visión e da memoria; e o piueiro, termo recuperado polos mariñeiros da Guarda, que son as primeiras pedras ou “pandullos” que encabezan o fondeo dalgunhas redes. 

O volume péchase con varias contornas relevantes: unha autopoética asinada polo propio Anxo Angueira, unhas notas de lectura asinadas por Chus Pato e unha entrevista de man de Xabier Cordal.

 

 

 

 

Pin It on Pinterest

12 Shares
Share12
Tweet
Share