‘Os soños de Miguel’ e a narrativa neorrural

Esta semana Armando Requeixo convídanos a ler Os soños de Miguel, a máis recente novela de Manuel Iglesias Turnes.

Os soños de Miguel (Xerais) mergúllanos na Galicia rural de fins dos anos sesenta e primeiros setenta, un momento no que a nosa sociedade comezaba a gran transformación que a levou dende as estruturas dunha tradición inveterada e secular á modernidade mecanizada da sociedade do benestar.

Miguel, o protagonista desta novela, vivirá en propia pel esa revolución comunal, ao tempo que no individual experimentará o paso da mocidade á idade adulta, na loita por redefinir o seu rol familiar, laboral e afectivo.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share