Os retos da amizade en ‘Tres en raia’ de X.M. Martínez Oca

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de Tres en raia, a última novela de Xosé Manuel Martínez Oca.

Tres en raia (Baía Edicións) é o relato dun reencontro, o que levan a cabo tres vellos amigos de mocidade que regresan a Ourense para se atopar, logo de máis de trinta anos, empurrados pola enfermidade terminal dun deles.

Mais esta novela é tamén unha crónica da amizade e da memoria feliz da adolescencia, un tempo onde todos os soños son posibles e o amor compartido converte calquera alianza en indestrutible.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share