Os relatos de Domingo Villar

Esta semana Armando Requeixo achéganos a ‘Algúns contos completos’, o novo libro de Domingo Villar.

‘Algúns contos completos’ (Galaxia) reúne unha decena de relatos escritos por Villar ao longo de anos, a maioría deles inéditos, algúns outros avanzados nalgún xornal e todos nacidos como narracións orais coas que entreter as xuntanzas familiares.

Estas historias amosan un mundo creativo moi diferente ao do Villar autor de novela negra ao que estamos afeitos. Nestes textos o melancólico, o insólito e o humorístico amalgámanse para tecer un universo propio, con protagonistas fascinantes que nos abraian na súa aventura dun vivir fóra do común.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share