Os libros que soan: ‘Piano á fuga’ e ‘A nena e o grilo máis aló’

O tema de hoxe son os libros que soan e para ver como o fan imos falar de dúas obras complementarias, aínda que moi diferentes:

Piano á fuga de Marika Maijala e Juha Virta, traducido por Anu Pitkanen e Charo Baleirón para Hércules Edicións. A historia dun misterioso piano que busca dono e dun pianista que perdeu o seu piano. No libro aparecen outros moitos instrumentos, porque tamén aparece a historia dunha orquestra, Concertos a Moreas, e porque a música tamén está en todos os lugares, como na cidade, só hai que saber atopala. Esta obra foi recoñecida coa mención White Ravens da Biblioteca internacional da Biblioteca de Múnic en 2016, como un dos libros máis senlleiros editados en Finlandia.

A nena e o grilo máis aló de Magín Blanco e Luz Beloso, para Galaxia,  un libro-cd ideal para seareiros e seareiras, hai moitos, desa historia orixinal de A nena e o grilo, que quizais xa medraron e teñen ganas de enfrontar un texto máis complexo. A novidade este ano é que as aventuras da nena e do grilo adquiren un formato de obra teatral moi interesante, dado que non son abondosos, por desgraza, os textos teatrais para nenos e nenas en galego.

Pin It on Pinterest

55 Shares
Share55
Tweet
Share