Os lanzamentos discográficos que chegan despois do verán

Detrás do verán chegan os lanzamentos discográficos e botamos unha ollada a algunhas das publicacións máis inminentes. Tamén lembramos “Grace”, de Jeff Buckley, un dos álbums fundamentais para o pop alternativo dos 90, que este venres cumpre 25 anos.

Neste espazo cultural falamos dunha proposta do país: Ortiga abre esta fin de semana o Festival Ribeiro Son de Viño na Fundación Luís Seoane da Coruña. Tamén é un dos novos artistas confirmados para o Caudal Fest, que se celebra en Lugo en setembro.

Así comezamos a colaboración de hoxe con Tito Lesende.

Pin It on Pinterest

3 Shares
Share3
Tweet
Share