‘Oito días sen Eva Cortes’, o debut de Sara Vila

Esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de Oito días sen Eva Cortes, de Sara Vila Alonso.

Oito días sen Eva Cortes (Galaxia) gañou o Premio Illa Nova de Narrativa, un thriller no que se nos relata a desaparición dunha moza en estrañas circunstancias e as pescudas da policía para saber dela. No curso da investigación unha afouta xornalista acabará xogando un papel esencial no descubrimento do que aconteceu.

Alén da peripecia investigadora, esta novela enfróntanos a interesantes reflexións verbo da ética xornalística, a natureza do amor, o emprego das redes sociais como vía para establecer relacións sentimentais ou a violencia de xénero.

 

 

Pin It on Pinterest

44 Shares
Share44
Tweet
Share