O ‘trávelin’ da Compostela dos 80

Esta semana Armando Requeixo mergulla no ‘Trávelin’ de Antonio Piñeiro, a narración gañadora do último Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.

‘Trávelin’ (Xerais) é o relato dunha investigación policial e xornalística na Compostela dos anos oitenta. Mais é, sobre todo, o retrato dunha época: o Santiago das riadas estudantís das noites dos xoves, do medre incontrolado dos arrabaldes e de toda a fauna adicta que habitou as marxes daquel tempo.

Escrita cunha prosa de extraordinaria precisión e beleza, esta novela destila melancolía pola memoria do que foi e os amores mancados que perdemos polo camiño.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share