Este asturiano afincado en Cee, deuse a coñecer nos últimos anos no ámbito da dramaturxia gañando os Premios Rafael Dieste ou o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño para público adolescente. Pero Fernando Castro xa tiña navegado no teatro no ámbito do teatro escolar e afeccionado. Agora falamos das súas últimas pezas premiadas e editadas, Amorodo Agre (Deputación da Coruña) e A derradeira bala (Editorial Galaxia).
Dous estilos moi diferentes, dous tons opostos, dúas mostras da versatilidade dun autor que sabe moverse da comedia farsesca e absurda ao drama social con profundidade simbolista e cáustico.
Un comentario de Roberto Pascual.