O novo vello esplendor de ‘Dune’ e outras estreas

As grandes producións chegan de novo aos cines. Hoxe Begoña Vázquez de Sala 5 pasou polo Diario Cultural coas estreas máis interesantes da fin de semana.

A destacar: ‘Dune’, baseada na novela de Frank Herbert e recuperando un clásico que xa levara á pantalla David Linch. Desta volta, parece que Denis Villeneuve convence con unha traslación fiel e coidada. 

Pero hai máis estreas, como a española ‘El club del paro’ con cameo incluído de Xosé Antonio Touriñán; ou a italiana ‘Lazos’. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share