Esta semana Armando Requeixo fálanos de O libro da música, volume colectivo de relatos que vén de publicar a Editorial Galaxia.
O libro da música reúne sete historias doutras tantas creadoras e creadores galegos; a saber: An Alfaya, Beatriz Maceda, Fernando Fernández Rego, Lois Alcayde Dans, Raquel Castro, Santiago Lopo e Tamara Andrés.
Este libro, que contén tantos relatos coma notas musicais existen, constitúe a terceira entrega dunha serie editorial que principiou con O libro dos libros e continuou con O libro dos trens.