O Dublín de James Joyce

Esta semana son os Dublineses de James Joyce o libro ao que nos convida Armando Requeixo.

Dublineses (Galaxia) reúne quince relatos escritos por Joyce a principios do pasado século que foron publicados por vez primeira en 1914. Aquí aparecen traducidos ao galego nunha excelente versión de María Alonso Seisdedos.

O propio Joyce confesou que con este libro pretendeu reflectir a parálise na que vivía o Dublín do seu tempo, aferrollado pola opresión da coroa británica dunha parte e o abafante control da igrexa católica por outra. Ante tal situación, a rutina esmagadora e a imposibilidade de escapar serven en bandexa a traxedia colectiva que esta obra espella.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share