O ciclo ‘Música no ar’ mestura música clásica e patrimonio

O noso colaborador Luis Miguel Crespo fálanos hoxe dun ciclo moi interesante que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra e que leva por nome “Música no ar”. Un ciclo de música clásica que se desenvolve en en lugares únicos: mosteiros, pazos, castelos e conxuntos patrimoniais. A través de pequenos grupos instrumentais e con voz nalgúns casos, a música de cámara sae dos auditorios para acercarse a tódolos públicos, converténdose nunha experiencia desafiante para tódolos sentidos.C

Coñecemos máis a fondo o concerto que se desenvolve este xoves no Pazo de Liñares en Lalín, onde o pianista Alejo Amoedo e a mezzosoprano Iria Cuevas ofrecerán música de salón de compositores galegos. Dividen o concerto en dúas partes: a primeira dedicada a Marcial del Adalid, quizais o iniciador da chamada “Melodía galega”, dea música de salón; e a segunda a outros compositores galegos que continuaron o xénero, musicando a poetas do Rexurdimento. Remata o concerto con obra de Andrés Gaos, do que se conmemorou o ano pasado o 50 aniversario do seu pasamento.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share