Esta semana Armando Requeixo convídanos a ler O ano do tigre, un volume de relatos publicado polo novo selo Rodolfo e Priscila.

Lucía Aldao, Xiana Arias, Patricia A. Janeiro, Carlos Lixó e Ismael Ramos son os autores das cinco historias recollidas neste libro, pezas ben diversas pero cun elemento en común: a presenza en todas elas da figura do tigre.

Ideado para conmemorar o Ano de Tigre do calendario lunar chinés que comezou este primeiro de febreiro de 2022, todos os relatos aquí reunidos espellan a forza deste mítico animal, mais en distintas vertentes, que van dende o tenro ata o terrible. Literatura felina en estado puro.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share