Tito Lesende destacou esta semana a inminente estrea do novo disco de Ringo Starr. O que fora baterista dos Beatles conta cos coros de Paul McCartney.
Precisamente, nas próximas semanas editarase unha revisión do último álbum de McCartney a cargo de diversos artistas. Por outra banda, no verán estrearase o agardado documental de Peter Jackson con imaxes inéditas da última época dos Beatles.
Ademais, escoitamos a música de Xoel López porque Tito Lesende estrea este domingo un novo programa en Radio Galega Música. Chámase ‘Consellería do Ritmo’ e terá como primeiro convidado o artista coruñés.