Manuel Antonio entre “o rosario e a buguina”

Esta semana Armando Requeixo tráenos novas da aparición de O rosario e a buguina, a máis recente novela de Xosé Ricardo Losada.

O rosario e a bugina (Galaxia) é o relato, entre a imaxinación e o histórico, do que foron os tres derradeiros meses de vida do gran poeta rianxeiro Manuel Antonio.

Enfermo de tuberculose, Manuel Antonio regresa á parroquia de Asados para pasar os seus últimos días na compaña de súa nai, dona Pura. Entre os dous o entendemento tórnase difícil, pois a nai, relixiosa en extremo, só devece por que o seu fillo acepte a extrema unción, namentres que este esgota o seu último alento en tentar facerlle comprender por que viviu como viviu e deixou escrito o que deixou escrito.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share