Artefactos entre o poético e o visual: a plaquette Berta de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora, 2019) e o libro de artista Parece unha formiga de Pablo Otero (Faktoría K, Kalandraka, 2019).
Berta (Chan da Pólvora), artefacto coidado, breve e intenso como o son as plaquettes, chega a nós no primeiro cabodano do pasamento de Berta Cáccamo, trenzando ilustracións conceptuais da pintora, ese fluír de manchas e fíos, canda unha composición poética en homenaxe, escrita por un dos seus irmáns, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo. Sendo a intimidade un efecto da linguaxe, Cáccamo ofrecénos un texto máis directo e entrecortado, cunha restra de referencias-ponte entre os irmáns (xeográficas, pictóricas ou literarias) e atendendo ao quefacer artístico de ambos.
Parece unha formiga (Faktoría K), o libro do artista visual Pablo Otero, capaz de abrir a colección Rizomas, parte dunha forma mínima (formiga, mancha, pegada, lunar…) para obter rendemento da suxerencia, da redundancia, e tamén do xogo, dunha transformación visual ou lingüística que nos leva da man aos grandes interrogantes. Un volume atrevido e híbrido, que non precisa clasificacións xenéricas nin etarias para abrirse coa potencia precisa.
Artefactos entre o poético e o visual
Podcast: Play in new window | Download (13.7MB)