No programa de hoxe, Rosario Sarmiento falará do artista Patrick Hamilton, que ten a súa primeira exposición individual en Galicia, na Fundación DIDAC en Santiago
Artista cunha obra de carácter conceptual. O traballo de Hamilton desde finais dos anos noventa tivo como fío conductor a reflexión e cuestionamiento dos conceptos de traballo, desenvolvemento económico, mito e historia no contexto das últimas décadas en Chile, o país onde vive e traballa a cabalo con España.
Nesta mostra que aglutina baixo o nome de ‘El ladrillo II’, parte dun libro de política económica no que se estableceron as pautas do sistema de libre mercado que foi implementado en Chile pola ditadura militar. A partir do mesmo establece unha reflexión creativa poética, de gran potencia visual sobre conceptos como: equilibrio/desequilibrio, igualdade/desigualdade, regulación/ desregulación, individuo/comunidade.