Esta semana Armando Requeixo convídanos á nos achegar á lectura dun clásico universal como é Gargantúa e Pantagruel de François Rabelais, traducido ao galego por Henrique Harguindey Banet.
Publicado a comezos do século XVI, a presente edición de Gargantúa e Pantagruel (Rinoceronte) actualiza a tradución que Harguindey Banet fixera deste clásico hai agora trinta anos, incorporando novas notas, reformulando certas frases e eliminando algunhas incorreccións da versión publicada hai tres décadas.
A obra de Rabelais é un canto á alegría de vivir, á relixión do sorriso e ao gozo dos praceres da boa mesa e da feliz compaña. En palabras do propio autor, o seu pantagruelismo non é senón “vivir en paz, ledicia, e saúde, dándose sempre boa vida”.