Falamos do filme ‘Trinta Lumes’, de Diana Toucedo

Neste espazo de cine con Begoña Vázquez, directora de Sala 5, falamos da proxección de Trinta Lumes e dos candidatos aos premios Mestre Mateo, a gran gala do audiovisual galego.

Esta fin de semana chega aos cines galegos Trinta Lumes, de Diana Toucedo. Haberá pases especiais nos cines Codex de Lugo, no Numax de Santiago, nos Cantóns da Coruña e nos Multicine Norte de Vigo.

A peza comeza coa desaparición dunha rapaza e afonda no misterio da vida e a morte. Diana Toucedo quixo mesturar o visible e o invisible nunha historia brumosa sobre a montaña de Lugo.

Tamén falamos dos Mestre Mateo. A partir das máis de 400 candidaturas presentadas ao longo das últimas semanas, a Academia Galega do Audiovisual seleccionou a catro finalistas por cada unha das 25 categorías.

Pin It on Pinterest

20 Shares
Share20
Tweet
Share