Falamos das obras do escultor Silverio Rivas, “A porta do Atlántico”, en Vigo, e a “Ara Solis”, na Coruña

Seguimos falando de arte pública nas rúas e espazos públicos coa nosa colaboradora Rosario Sarmiento.

Silverio Rivas é un dos grandes nomes da escultura contemporanea en Galicia, home da gran capacidade de traballo e  profundo coñecemento das técnicas e os máis diversos materiais. As súas obras son o resultado de percorrer as etapas do intenso camiño que iniciou de neno, con apenas 10 anos,  sendo aprendiz xunto ao seu pai no taller de carpintería familiar: a Escola de Artes e Oficios de Vigo, os seus estudos en Madrid, a súa estancia en París, os anos de duro traballo na canteira de Porriño, o seu actual taller en Tui. Sempre unido á linguaxe da abstracción do que foi pioneiro en Galicia, Silverio Rivas é un gran coñecedor da materia e as súas leis.

A Porta do Atlántico” é un das obras de arte publica máis coñecidas e referenciais de Vigo. Ésta composta por tres bloques: a porta propiamente dita de  14 m. de altura e outras duas pezas, situadas ao principio da Gran Via e da Avenida de Castelao. Trátase dunha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron de Vigo cara as Américas durante os séculos XIX e XX.

A “Ara Solis” é un “altar ao sol” que é tamén un gran umbral granítico, unha porta que simboliza o paso ao mar, a terra e o vento, case aos pés da Torre de Hércules, o milenario faro romano da Coruña.
 


Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share