Falamos de Vanesa Sotelo, autora de ‘Nome: bonita’

Vanesa Sotelo (Cangas, 1981) é dramaturga, directora e actriz. Tamén xornalista e directora da Erregueté-Revista Galega de Teatro, profesora de varios grupos de teatro e, desde  hai uns días, autora dunha peza que foi recoñecida como a mellor obra teatral da última década polo Concello de Mondoñedo.

Falamos dunha obra que foi escrita ao abeiro do Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales do INAEM e que se pode descargar da web muestrateatro.com

Nome: bonita, que así se titula, é unha peza inspirada en mulleres guerrilleiras e que nos fala de violencia, da memoria con forte carga poética e cun gran traballo de documentación para a elaboración dunha serie de voces escénicas na multiespacialidade. Unha obra que, dende o presente, nos leva a varios contextos de barbarie.

A autora, que xa conta con máis dunha ducia de títulos, afirma que escribe como un xeito de reconciliación, como unha forma de canalizar a violencia, unha forma de somerxerse no silencio e escoitar o seu berro. Escribir como unha forma de coñecemento onde poida estourar a poesía porque, como di, tal vez non se poida explicar ao ser humano pola ciencia pero pode entenderse pola poesía.

Pin It on Pinterest

139 Shares
Share139
Tweet
Share