A proposta desta semana comeza con Ginebras, un cuarteto feminino madrileño liderado pola galega Magüi Berto. O sábado, Ginebras son parte do cartel do Barbeira Season Fest, en Baiona.
Máis adiante, do 25 ao 27 de setembro, celebrarase outro festival en Vigo: o Underfest, que conta coa participación dos composteláns Blanco Palamera.
Para despedir, anticipamos “Lilith”, o novo disco da catalana Maria Rodés, inspirado nas meigas e que se publicará o 2 de outubro.