Na colaboración de cine con Begoña Vázquez falamos de dúas estreas: “Hasta que la boda nos separe” e “Casanova, su último amor”.
“Hasta que la boda nos separe” conta a historia de Marina (Belén Cuesta), unha organizadora de vodas que non cre no crompromiso. Todo cambiará cando coñeza a Carlos (Álex García) que vai casar coa súa moza de sempre. A película baséase na comedia La wedding planner, da realizadora francesa Reem Kherici.
“Casanova, su último amor” narra o exilio a Londres do artista Giacomo Casanova. Durante a súa estancia na cidade inglesa, Giacomo quedará namorado dunha moza á quen non lle será doado conquistar.