Luis Miguel Crespo convídanos a recordar aquelas escenas e xogos da nosa infancia, musicados por Robert Schumann e Georges Bizet. As súas composicións máis “inocentes” soarán este xoves 22 en Vigo da man de Zoar Ensemble e da Orquestra Sinfónica de Galicia.
As Escenas infantís de Schumann son, segundo o seu autor, “unhas viñetas expresivas e adultas de lembranzas e reflexos da infancia”. Os Xogos infantís de Bizet lévannos tamén a evocar o lecer dos máis pequenos. Un repertorio moi orixinal que poderemos desfrutar coa sonoridade dun quinteto de vento de referencia en Galicia como é Zoar.