Hoxe Montse Pena reoomenda aos oíntes dúas lecturas de medo para o samaín. A primeira delas é ‘Contos para nenos peculiares’ de Ramson Riggs, traducido ao galego por Moisés Barcia e publicado en Sushi Books. O autor xoga con elementos diferentes dos contos tradicionais para transformalos e usar o macabro e o humor como principais armas para sorprendernos. As incribles ilustracións lembran a un libro antigo, fermosamente editado.
A segunda obra é ‘Os esqueletos divertidos’ de Janet e Allan Ahlberg, traducido por Óscar e Sandra Senra Gómez en Kalandraka. Algúns dos grandes acertos da obra: o humor, a desmitificación do mundo dos esqueletes para os máis novos e unhas ilustracións sinxelas en apariencia que van cambiando de perspectiva, e que constrúen un álbum con alento de banda deseñada.