Dous osiños, irmá e irmán, asomáronse ao mundo. Naceran durante o inverno, baixo a neve que cubría a súa cova quentiña. Agora querían saír para sentir a calor do sol, correr por riba da herba e ulir as flores. Aquel día, mamá osa decidiu ir na procura de mel ao bosque…
Así son estes ‘Dous osiños’, unha pequena xoia da literatura infantil e xuvenil que hoxe comenta Montse Pena Presas. Escrita no 1957 por Ylla, unha pioneira da fotografía de natureza que tamén escribiu contos. Neste álbum combina texto e fotografía, e agora Kalandraka recupérao con tradución de Xosé Ballesteros.