No programa de hoxe Armando Requeixo tráenos dúas novidades chegadas aos andeis das librerías nos últimos días: ‘Natura’, a máis recente novela de Iolanda Zúñiga, e ‘Máis alá do río do esquecemento’, volume de relatos asinado por Ricardo Ferreiro.
‘Natura’ (Editorial Galaxia) é unha distopía que espella un mundo futuro escindido en dous territorios contrapostos: o deserto dos eidos abrasados nosque vive a maioría do planeta fronte á civilización escolleita que erixe Natura, un lugar ao Norte que representa unha sociedade aparentemente ideal na que, porén, latexa a terrible tiranía do poder dunha cúpula que somete as xentes aunha vida impersoal e homoxeneizadora. Entre estes dous mundos discorre avida da protagonista, unha muller que se rebelará para sacudir o xugo da escravitude que a rutina uniformadora impón.
‘Máis alá do río do esquecemento’ (Edicións Fervenza) é o título co que Ricardo Ferreiro se fixo acredor do III Concurso Balbino de Relatos. O libro reúne oito historias ambientadas na contorna limega, que beben tanto da tradición oral edo lendario popular coma das vivencias persoais e a imaxinación do autor. Aobra conta cun prólogo do escritor alaricano Alfredo Conde e ten como frontispicio o “Madrigal á cibdá de Santiago” de Federico García Lorca, incidindo así na radicación literaria no universo galego duns relatos nos que o trasmundo, a memoria e o destino se dan a man.