Tito Lesende escolleu música balsámica para esta ponte. ‘Mar’, unha das últimas cancións de Guadi Galego, que acaba de anunciar concertos especiais para 2024, baixo o título ‘Síntese Horizonte’. Tamén escoitamos a Guadi Galego en ‘Luz do norte’, a máis recente creación de Nastasia Zürcher. Presentamos un novo grupo, Sempasúchil, que estrea o 2 de decembro o seu primeiro disco: jazz e pop delicado a cargo de Antonio Casado, Ton Risco, Miguel Cabana e Alfonso Calvo. Poñemos o ramo cunha panxoliña rockeira que asina Bon Jovi.
De Guadi Galego a Sempasúchil
Podcast: Play in new window | Download ()